Que é?

Tivemos unha idea que se converteu nun programa

foto-para-menu-que-es-sutituir-nachocon-cartel

Desde as nosas orixes en Zarpamos apostamos por conseguir o mellor desenvolvemento posíbel para os emprendedores así, no canto de centrarse no mercado local, apostamos por desenvolver unha estratexia internacional.

Esta liña estratéxica desembocou na creación do Programa de Cooperación Internacional centrado en crear sinerxías con outros programas de emprendimento pioneiros a nivel internacional.

Que é GaliciaInnovation?

GaliciaInnovation é unha das ferramentas do Programa de Cooperación Internacional, un evento anual que achegará visibilidade e fomentará o intercambio e enriquecemento conxunto entre emprendedores de diferentes países, por medio de obradoiros, relatorios e xornadas de networking…

Na sua I edición o país convidado é un dos líderes mundiais en emprendemento e destacado en desenvolvemento tecnolóxico internacional, Israel.

En conxunto cos nosos colegas israelís promoveremos o intercambio entre ambos os modelos de coñecemento en materia de Innovación e desenvolvemento, así como entre grupos de investigación, centros tecnolóxicos, universidades, startups e o tecido empresarial galego.

Obxetivos
1476486_583924264989804_1086936555_n

Durante a primeira xornada coñeceremos como desenvolven no sentido máis amplo, o seu traballo, un dos referentes mundiais en creación de Startups, cun modelo de Internacionalización e innovación de referencia mundial.

Organizamos unha cea privada onde os asistentes poderán establecer liñas de colaboración cos relatores, inversores e convidados.

Na segunda xornada os protagonistas serán os emprendedores, poderán expor proxectos, previamente escollidos, aos relatores e levar un valioso feedback do proxecto.


Promotor

Fundación Ronsel

Expertos en Formación Empresarial para Emprendedores

Organizadores

Globalnovatrade

Marketing e adaptación o mercado. Proxectos internacionais

Zarpamos

Primeira aceleradora/incubadora galega de proxectos TIC